Sala de prensa

 
Santiago, 28 de Outubro de 2013

En ningún lugar. Unha memoria alternativa das Torres Hejduk. Esta será a intervención que ocupará durante tres meses as torres do Gaiás tras resultar gañadora da convocatoria feita pola Cidade da Cultura de Galicia entre os participantes no III Encontro de Artistas Novos.

Santiago, 28 de Outubro de 2013

O conselleiro de Cultura e Educación recolle no Parlamento de Gales o testemuño da organización de Womex para a edición de 2014 en Galicia.

Xesús Vázquez Abad interveu na recepción á delegación da World Music Expo na Asamblea Nacional galesa, onde incidiu na repercusión que a celebración do evento en Santiago de Compostela terá para toda Galicia e para a súa industria musical

Autoridades e delegados internacionais desprazados a Cardiff con motivo desta feira asistiron na noite do sábado ao acto institucional no que o conselleiro foi recibido pola presidenta do Senedd e polo ministro de Cultura galés.

Santiago, 22 de Outubro de 2013

Santiago de Compostela vibrou a pasada noite coa multitudinaria celebración do décimo aniversario do Grupo Nove.

Santiago, 14 de Outubro de 2013

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo, actualmente en exposición no Museo Centro Gaiás e onde se poderá visitar ata o 12 de xaneiro de 2014.

Santiago, 14 de Outubro de 2013

O Grupo Nove celebra o vindeiro luns, 21 de outubro, na Cidade da Cultura o seu décimo aniversario cun showcooking multitudinario no Museo Centro Gaiás.

Páxinas