Sala de prensa

 
Santiago, 11 de Maio de 2020
#CulturaLike2

A Xunta de Galicia promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da rede: os galegos Déborah García Bello –Deborah Ciencia– e Miguel Ángel Cajigal –El Barroquista– e o manchego José Luis Crespo –Quantum Fracture–.

Santiago, 06 de Maio de 2020

A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura --www.cidadedacultura.gal-- o Club das lerchiñas, sesións de contacontos en liña dirixidas ás familias e do q

Santiago, 04 de Maio de 2020

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o Día das Letras Galegas 2020 cunha lectura participativa en liña de textos do homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero. O Gaiás convida a toda a cidadanía a compartir un pequeno vídeo lendo un texto do escritor ferrolán, que despois formará parte dun audiovisual coral que se publicará nas redes o vindeiro 17 de maio con todas as achegas recibidas. A iniciativa enmárcase na campaña #aculturasegue, promovida pola Xunta de Galicia para ofrecer diversas actividades de lecer e formación en liña na situación actual de alerta sanitaria.

Santiago, 22 de Abril de 2020

A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura o curso Clic Xanela, unha actividade en liña con técnicas para mellorar a calidade das fotografías que se sacan desde o móbil.

Páxinas