Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura-arrancou hoxe no Gaiás con Relay, unha performance da prestixiosa coreógrafa Ula Sickle en defensa dos dereitos das mulleres.
A Xunta de Galicia exhibirá en Lalín (Pontevedra), do 8 de febreiro ao 22 e marzo, as pezas artísticas de Reb/veladas na paisaxe, ciclo organizado pola Fundación Cidade da Cultura e que forma parte da programación do Xacobeo 2021, xa que as tres intervención están vencelladas conceptualmente co Camiño de Santiago. A itinerancia destas obras será posible grazas a unha colaboración co Museo Municipal de Lalín Ramón María Aller Ulloa.
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe, con motivo do Día da Ilustración dedicado a este ano ao ilustrador, artista e escritor galego Cándido Fernández Mazas, a exposición Signos dunha quimera, unha mostra que permanecerá aberta ao público na Biblioteca de Galicia ata o vindeiro mes de maio.
A Xunta de Galicia promove Altantic Emprende + Gaiás abrindo, por terceiro ano consecutivo, un espazo para o encontro, o debate e a formación de profesionais, estudantes, emprendedores e empresas da industria musical.
Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- arranca este venres cunha programación que permitirá gozar durante esta fin de semana no Gaiás de cinco pezas que xiran ao redor da danza contemporánea e das linguaxes do corpo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »




