Preto de 2.000 persoas esgotaron as entradas de xullo a CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), a instalación de realidade virtual dirixida polo oscarizado director Alejandro G. Iñárritu que se pode visitar na Cidade da Cultura de Galicia ata o 18 de setembro e que nos achega a experiencia das persoas migrantes que cruzan o deserto entre México e os Estados Unidos.
A Xunta presentou hoxe o concerto Sol de Medianoche co que completa a súa homenaxe á escritora Luz Pozo Garza no ano do centenario do seu nacemento. Os seus poemas musicados poderán escoitarse mañá, 21 de xullo, coincidindo co día no que cumpriría cen anos, no auditorio do Edificio Fontán na Cidade da Cultura, coa interpretación do Quinteto de Cordas Schubert e a mezzosoprano Joana Thomé.
A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do prototipo de videoxogo Retorno Arnoia, resultado do traballo realizado polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia artística enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta e a institución viguesa. A directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, subliñou a experiencia como pioneira no marco das accións que o Gaiás está a desenvolver para apoiar a creación artística e cultural en Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe durante toda a xornada a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión.
O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, acompañado da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deu a benvida no Gaiás á escritora Ledicia Costas, que mantivo un encontro coas dez persoas participantes na Residencia Literaria 2022 que presta apoio e acompañamento a creadoras e creadores emerxentes e inéditos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »