A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, asistiu hoxe no Gaiás ao arranque do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un certame, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co apoio da Xunta, no que participan máis de 500 intérpretes das seccións máis novas dunha ducia de bandas de música populares das catro provincias galegas.
Este xoves 2 de xullo comeza con Carlangas unha nova edición de Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos gratuítos ao aire libre organizados pola Xunta de Galicia. O ex-líder e vocalista de Novedades Carminha chega a Santiago para presentar o seu terceiro traballo en solitario, Universo Paralelo, un disco no que recupera as guitarras e o seu son máis roqueiro e no que destacan as colaboración con artistas como Leiva e Dear Joanne.
A Xunta de Galicia e Escuela de Escritores veñen de asinar un convenio de colaboración para impartir na Cidade da Cultura o prestixioso programa formativo Ler, Escribir, Crear: Curso Completo de Narrativa. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude supón un importante impulso para a creación literaria na comunidade, ofrecendo unha formación de alto nivel inspirada nos máis de quince anos de experiencia do primeiro Máster de Narrativa creado en España para formar escritores.
A Cidade da Cultura rexistrou este ano o mellor primeiro semestre da súa historia ao acadar as 120.000 persoas participantes nas actividades do Gaiás. Así o informou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na reunión do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, na que se deu conta do incremento de case un 20 % na asistencia á programación durante os seus primeiros meses do ano.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lanza este 15 de xullo Noitear na Cidade da Cultura, unha nova proposta para vivir as artes escénicas con tres espectáculos nunha mesma noite de verán e ao aire libre. Cos espazos exteriores do Gaiás como grande escenario, nace este programa no que converxen a danza, a música, as acrobacias ou o teatro físico, con tres funcións que abraiarán ao público pola súa dramaturxia de risco, suspensión e confianza mutua.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »




