A Cidade da Cultura bate récord co seu programa de itinerancias expositivas con preto de 55.000 visitantes no que vai de ano. En 2025, 11 mostras nadas no Gaiás viaxaron a cidades e vilas como Madrid, Zamora, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Baiona, Ponteareas ou Ribadavia. Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia fornece de contidos a centros e institucións da Comunidade e leva expresións da cultura propia a outras cidades de España.
A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela veñen de adxudicar a Andrés Rivas Rodís a primeira Residencia ArtLab IGFAE para conectar a creación contemporánea galega coa investigación punteira no campo da física.
A Xunta de Galicia convida as familias a descubrir na Cidade da Cultura a programación do Nadal no Gaiás, que hoxe arrinca coa apertura da instalación Soños de Argonautas. Esta proposta da arquitecta Nuria Prieto converte o Hall de Tirantes do Museo nunha paisaxe, feita con materiais de reciclaxe, de esferas luminosas e corredores inchables, presidida pola súa xa tradicional árbore de madeira.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitaron hoxe o inicio do obradoiro para crear un mural colectivo pola igualdade de xénero na Cidade da Cultura con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación dos traballos desenvolvidos nas residencias artísticas da cuarta convocatoria das axudas REGA, impulsadas pola Xunta de Galicia. Ao longo da xornada, o público puido coñecer as seis novas creacións que xermolaron este outono na Cidade da Cultura nos eidos das artes visuais, a creación escénica, a música contemporánea, o deseño e tamén as artes dixitais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »




