A Xunta de Galicia programa no mes de agosto en Atardecer no Gaiás catro solpores musicais con seis artistas que conxugan música urbana, pop, electrónica e rock para todos os gustos. Os concertos gratuítos na Cidade da Cultura arrancan este xoves día 6 coas guitarras e a distorsión de Dogo, grupo compostelán de rock alternativo con influencias do post-punk e o shoegaze, a partir do que constrúen temas de atmosferas densas e melodías envolventes en galego.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou a experiencia de realidade virtual Galiverso explora o ceo no Museo Centro Gaiás. A iniciativa afonda no coñecemento científico ao redor do firmamento nunha exploración espacial dixital, coincidindo coa grande eclipse solar de agosto. O proxecto, ademais, compleméntase cunha viaxe histórica a través da evolución do ensino da astronomía na exposición Explorar o ceo. Aprender astronomía.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no acto de recepción da obra Santa, de Francisco Asorey, que regresa definitivamente a Galicia e poderá visitarse no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.
Trátase dun día histórico para a cultura galega xa que esta escultura, creada hai 100 anos e que representa a unha labrega espida que leva sobre os seus ombros un xugo, está considerada unha peza fundamental do patrimonio autonómico polo seu alto valor histórico e artístico.
A Xunta de Galicia traslada de xeito permanente a Santa de Asorey a Galicia coincidindo co centenario da súa creación, no ano 1926. Así, tras máis de sete décadas en Montevideo, e emblemática obra realizada por Francisco Asorey pasará a estar exposta na Cidade da Cultura.
Os últimos concertos de Atardecer no Gaiás do mes de xullo traen unha das bandas galegas de rock máis internacionais do momento: Bala. O dúo coruñés actuará no ciclo organizado pola Xunta de Galicia o xoves 23 de xullo, logo de ter pasado por escenarios e festivais de toda España, Reino Unido, Australia, Estados Unidos e Xapón. A actuación será ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con acceso libre e gratuíto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »




