A Xunta de Galicia convida as familias a visitar a Cidade da Cultura durante o Nadal para gozar dunha ampla oferta cultural que inclúe tres concertos para toda a familia que poderán verse de balde ao vivo e tamén a través de streaming. A programación complétase coas seis exposicións e intervencións artísticas que agora mesmo poden visitarse no Museo Centro Gaiás, a Biblioteca de Galicia e as Torres Hejduk –contando con visitas comentadas gratuítas– e coa iluminación festiva de todo o complexo, coa Vía Láctea como eixo condutor.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe ao autor da célebre novela La Casa de la Troya a través dun percorrido histórico sobre o impacto desta publicación e os vínculos do xornalista coa cidade de Santiago de Compostela.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura amplía o seu programa pioneiro en Galicia de levar as exposicións ás aulas -a través de visitas didácticas por videoconferencia- coa incorporación da mostra As miradas de Isaac a esta modalidade en liña.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron hoxe na Cidade da Cultura a web da Revista Nós que aglutinará nun único portal todos os contidos vencellados co grupo de intelectuais que revolucionou a Galicia do seu tempo ensanchando as nosas fronteiras culturais.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, achegouse ao Bosque de Galicia, na Cidade da Cultura, para visitar a intervención artística Espellos realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »