Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2024 | Actividades en familia

Novembro vén cargado de actividades para aprender divertíndose. A Biblioteca de Galicia celebra o mes da ciencia con varios obradoiros destinados a público familiar! Os sábados de novembro son tempo de descubrir, xogar e compartir. 

Agora vesme: a maxia do mundo microscópico | 9 Nov | Inscríbete

Como sabemos a idade dos peixes? De que tamaño é unha lura cando nace? Cal é o animal máis abundante do océano? Como medran as bacterias?

Para dar resposta a estas cuestións, empregaremos lupas binoculares propias dun laboratorio. Observaremos, así, unha gran variedade de obxectos e individuos que forman parte do traballo de investigación que se leva a cabo no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

O Seminario de Estudos Galegos: Aprende xogando! | 16 Nov | Inscríbete

Neste obradoiro descubriremos o Seminario de Estudos Galegos dun xeito moi dinámico e entretido a través de diversas actividades. Haberá dous equipos e realizaranse xogos como o quen é quen con personaxes relevantes do SEG, xogos de cartas tipo memory con elementos vencellados ao Seminario, concurso de preguntas, pósters de axilidade visual Buscando o Seg (semellante ao Onde está Wally), entre outras. 

Que é un scriptorium medieval? Obradoiro de paleografía para descifrar escrituras antigas | 23 Nov | Inscríbete

 

Faste unha idea do que é a paleografía? Como facemos para ler documentos antigos? Neste obradoiro achegarémonos a esta ciencia dun xeito ameno a partir de mostras de documentación medieval e moderna, tanto pergameos orixinais coma facsímiles. 

Ademais, os nenos e as nenas deberán elaborar o seu propio documento medieval con pluma e tinta, e validalo cun selo pendente de fíos de seda ao máis puro estilo medieval. 

 

Onde está a miña cunca? Contacontos e obradoiros de cerámica | 30 Nov | Inscríbete

 

Kamishibai significa 'teatro de papel' e é unha forma popular de contar historias no Xapón. Neste obradoiro gozaremos dun conto cuxa protagonista é unha cunca para, despois, levar a cabo un obradoiro de cerámica no que se explicarán as formas de modelar o barro para crear unha cunca semellante á descrita no conto. A actividade proposta é unha experiencia educativa envolvente, que combina a narración de historias co aprendizaxe práctico sobre cerámica e a vida no Neolítico.