Os meus brazos eran árbores, as montañas soños. Con Carolina Cruz Guimarey

Carolina Cruz Guimarey formula unha proposta poética que vai máis aló do téxtil ou a moda como artefacto social, cun obradoiro onde os elementos naturais funcionan como segunda pel. Así, os participantes poderán experimentar con follas, terra, rama, pedras, plumas, espiñas… colocándoas directamente sobre a pel para crear imaxes poéticas e máxicas que darán como resultado final as fotografías que se exporán como resultado da actividade.

Carolina Cruz Guimarey (A Coruña, 1981). Licenciada en Publicidade pola Universidade de Vigo, realiza un máster de Produción artística Contemporánea na Universidade Politécnica de Valencia en 2010. No seu traballo atopamos un diálogo entre fotografía, performance e instalación. A súa práctica artística aborda o vínculo entre o corpo e a natureza, como evolución poética sobre a identidade. Pero, sobre todo, o seu traballo fálanos da nosa vulnerabilidade e dunha utopía da serenidade e o silencio.

 

 
Visitar
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada