Este congreso ten como obxectivos mellorar as estratexias e capacidades para xerar innovación nos centros de FP, mellorar a súa xestión, destacar a actividade innovadora, tanto didáctica como tecnolóxica, que se xera a través do profesorado e alumnado de formación profesional e a transferencia deste coñecemento ao sector produtivo e coñecer a aprendizaxe en base a proxectos e a súa integración nos currículos da FP.
Celebrarase na Cidade da Cultura en Santiago de Compostea os días 24 e 25 de febreiro de 2016 e está destinado a profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de formación profesional, certificando 8 horas de formación do profesorado.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
26 set 2026
Ás 18:00h























