Tras moitos anos dedicada ao traballo de campo na recollida da nosa música e tradición cultural, Felisa Segade imparte aulas arredor da percusión e da tradición oral galega. É integrante do grupo de baile e música tradicional Brincadeira. Esta formación está enfocada ao toque da pandeira na zona oriental de Galicia e Val de Ancares.
As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.






















