Cume Académica e do Coñecemento da EU-LAC

A Cidade da Cultura acollerá no Museo Centro Gaiás os vindeiros 4 e 5 de maio o II Cume Académico e do Coñecemento da Unión Europea, América Latina e o Caribe (EU-LAC), coorganizada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración de institucións e redes científicas de ambas as rexións.

O evento é un punto de encontro para o debate e a reflexión crítica sobre aspectos cruciais para a integración e o fortalecemento das institucións científicas e de educación superior no espazo euro-latinoamericano e caribeño. O seu obxecto principal é impulsar a construción dun espazo común euro-latinoamericano e caribeño de educación superior, ciencia, tecnoloxía e innovación, a través da xeración de coñecemento, o deseño de liñas comúns de acción, o establecemento de alianzas e de capacidades de promoción estables, a integración e a cooperación estratéxica birregional, nun contexto de transformación da educación superior, contribuíndo así ao desenvolvemento do Plan de Acción UE-CELAC.

Obxectivos do cume

    Os obxectivos específicos do cume son:

  • Deseñar estratexias e instrumentos que promovan a creación dun espazo común euro-latinoamericano e caribeño de educación superior, ciencia, tecnoloxía e innovación e o intercambio do coñecemento.
  • Incidir na formulación de políticas públicas, plans e programas nacionais a través da creación de espazos de discusión, da elaboración de propostas con base científica e da vinculación da academia coa contorna.
  • Orientar a acción académica e a xeración do coñecemento cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

Temática

     O evento virará ao redor de tres eixos temáticos:

  • A transformación dixital da educación superior: Estado actual, retos e oportunidades.
  • Coñecemento para o desenvolvemento e a sustentabilidade: Ciencia, tecnoloxía e innovación.
  • Cooperación académica: Construíndo o Espazo de Educación Superior euro-latinoamericano e caribeño desde a internacionalización solidaria.

 

 

 

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h