Presentación do libro «A única. María Casares» da autora Anne Plantagenet

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, presentarán a tradución ao galego de A única. María Casares, xunto á autora da obra Anne Plantagenet. 

Trátas da biografía da actriz galega escrita pola autora francesa Anne Plantagenet, que tras publicarse en francés e castelán, agora ve a luz en galego da man da editorial Kalandraka, no ano no que se conmemora o centenario do nacemento da actriz.

Neste 2022 que está a piques de rematar, a Cidade da Cultura organizou e acolleu diversas actividades en homenaxe a María Casares, desde exposicións no Museo Centro Gaiás e na Biblioteca de Galicia ata relatorios con figuras da cultura que tiveron o privilexio de coñecer á actriz, tanto dentro como fóra dos escenarios.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta