O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, presentarán a tradución ao galego de A única. María Casares, xunto á autora da obra Anne Plantagenet.
Trátas da biografía da actriz galega escrita pola autora francesa Anne Plantagenet, que tras publicarse en francés e castelán, agora ve a luz en galego da man da editorial Kalandraka, no ano no que se conmemora o centenario do nacemento da actriz.
Neste 2022 que está a piques de rematar, a Cidade da Cultura organizou e acolleu diversas actividades en homenaxe a María Casares, desde exposicións no Museo Centro Gaiás e na Biblioteca de Galicia ata relatorios con figuras da cultura que tiveron o privilexio de coñecer á actriz, tanto dentro como fóra dos escenarios.
























