Programa Virada Equipos 2022

O Programa VIRADA Equipos pretende contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e se desempeñen con maior efectividade.

As actividades principais que estruturan o programa son:

  • Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
  • Encontros presenciais outdoor.
  • Obradoiros de contido sobre liderado.
  • Coaching de equipo.

VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.

Os días 7 de abril e 19 de maio a Cidade da Cultura acolle dúas sesións de obradoiros de docencia presencial no marco da formación integral de Virada Equipos.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta