Xuízo Alvia (P.A. 463/2021)

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o xuízo oral polo accidente do tren do Alvia ocorrido en xullo de 2013. O xuízo, que comeza o 5 de outubro de 2022, prolongarase por un prazo estimado de 9 meses. No proceso hai 446 persoas prexudicadas que reclaman, as cales están agrupadas en 154 acusacións, asistidas por 110 letrados/as e representadas por 47 procuradores/as. Ademais, hai 53 prexudicados/as que non están representados/as por avogado/a e procurador/a, polo que a acusación a exercerá o Ministerio Fiscal.

O xuízo celebrarase no edificio CINC do Gaiás, situándose no primeiro andar a oficina xudicial e sala de vistas, e no andar baixo a sala de prensa e a sala de público.

Para poder acceder á sala de prensa e aos espazos reservados na sala de vistas, así como ao estacionamento habilitado para as unidades móbiles, cómpre estar acreditado/a polo Gabinete de Comunicación do TSXG e levar, fisicamente, a acreditación que se entrega a cada profesional o día anterior ao comezo do xuízo. Lémbrase a prohibición de gravar audio ou imaxe nos corredores ou zonas comúns do edificio, é dicir, fóra da sala de vistas, a sala de prensa ou zonas habilitadas para directos.

Á sala de vistas poderase entrar ou saír só ao principio de cada sesión ou durante os recesos. Non se permitirá acceder con computador portátil nin equipos de gravación audiovisual (as fotografías e imaxes só se poderán tomar durante os mudos).

Toda a parte penal do xuízo será retransmitida en aberto, a través de streaming, na seguinte ligazón: https://xustiza.gal/alvia

Para poder acoller o xuízo, o edificio CINC foi sometido traballos de organización e equipamento dos espazos, realizados pola Xunta de Galicia, a través dos técnicos da Fundación Cidade da Cultura, de xeito que o proceso se celebre sen afectar ao normal funcionamento das institucións e servizos residentes no Gaiás, así como as actividades previstas no seu programa cultural.

Acoller o Xuízo do Alvia enmárcase na vocación da Cidade da Cultura de ofrecer os seus recursos para participar en proxectos relevantes para Galicia, na liña do que aconteceu coa instalación nos seus espazos dun centro de vacinación contra a Covid-19.

 
 
8 Set 2022 - 20 Xuñ 2023
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
De balde
Sábados, domingos, festivos e Semana Santa
7 Mar - 25 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
De martes a domingo
Convocatoria aberta
Prazo do 2 xuño ao 3 xullo 2023
17 Xuñ 2023
Ás 18.00 horas
26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
28 Xuñ e 4,12, 18 Xul 2023
Ás 20.00 horas
27 - 31 Ago 2023
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h