O edificio CINC da Cidade da Cultura acolle o luns 21 de outubro unha xornada informativa sobre as axudas para actuacións de eficiencia enerxética de empresas turísticas, dirixidas a profesionais do sector turístico galego. Organizada por Turismo de Galicia, a sesión comezará ás 10,00 horas, desenvolverase durante toda a mañá e poderase seguir en streaming a través da web de Turismo de Galicia no Espazo Profesional.
A Xunta celebra esta acción informativa para informar da liña de subvencións convocada o pasado mes de xuño que busca reforzar as medidas de eficiencia enerxética nas empresas turísticas galegas e que está en prazo ata o próximo 14 de novembro. O Goberno galego dotou estas axudas con 10 millóns de euros financiados con fondos europeos na procura da modernización e mellora da competitividade do sector turístico galego.
























