No marco do programa de actividades "Compostela Móvese", Cersia Empresa pon en marcha o seminario Xaque mate! Seminario de estratexia e xadrez no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
Programa
10:00-14:00 | Estratexia. Imparte: Modesto Gómez
"As grandes mentes estrutúranse estratexicamente". Esta frase de Tom Peters, un dos grandes sabios do mundo da empresa, marcou un antes e un despois na contarna das organizacións. neste seminario axudámosche a tomar conciencia de como tratar unha estratexia. Porque se debe pensar odeadamente? Como aprender a diseccionar un problema analizando a contorna? Como realizar unha análise DAFO? Como a partir dunha posición, acadar obxectivos priorizados e metas?
16:30-19:30 | Xadrez. Imparte: Dan Cruz, xadrecista gañdor de 'Increibles'.
O xadrez é unha das áreas competencias que máis se están a incorporar aos plans académicos nos últimos anos. Na nosa contorna, de feito, acaba de seumarse aos plans de estudo da ESO. E é que os tipos de esquemas mentais que un xadrecista desenvolve son un claro exemplo de como pensar en dimensión estratéxica. a dinámica práctica deste seminario busca meterse na mente dun xadrecista para aprender a pensar como el a base de análise de movementos e xogadas.
























