Viñerón 2017

O Instituto Galego do Viño (INGAVI) pon en marcha o Viñerón 2017, unha feira vitivinícola creada para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño, mediante o encontro directo entre 15 dos mellores novos talentos do viño. A terceira edición deste encontro vitivinícola celebrarase o próximo 1 de abril de 2017 no Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Viñerón 2017 preséntase como unha reunión desenfadada entre viticultores e entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados, desexosos todos, por coñecer os traballos que están a destacar no mundo do viño, catalos e levar algunha botella a casa. O obxectivo deste evento é axudar a difundir o traballo de produtores emerxentes que aínda non son moi coñecidos no mercado pero que elaboran uns viños que merecen un especial recoñecemento. Os 15 Viñerones seleccionados para participar nesta edición serán dados a coñecer nos próximos días.

Os asistentes poderán gozar dunha experiencia multisensorial que combina: feira de viños, na que se poderá catar e comprar veu directamente aos Viñerones; música en directo, a cargo de catro grandes artistas como Pepe Solla, Juanjo Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio dos Santos; e street food, ofrecida por unha selección de food trucks cunha proposta gastronómica tan coidada como novidosa.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h