Baixo o título "No bo camiño", celébrase en Santiago de Compostela, do 13 ao 15 de outubro, o tradicional encontro científico de Academias de Ciencias Veterinarias das diferentes comunidades autónomas. A reunión está organizada nesta ocasión pola Real Academia de Ciencias Veterinarias de España xunto coa Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
O evento está dirixido a académicos veterinarios, investigadores, profesionais de recoñecido prestixio no ámbito veterinario a nivel nacional e internacional e estudantes de Ciencias Veterinarias.
A xornada de benvida e o encontro científico terán lugar na Cidade da Cultura nos días 13 e 14 de outubro. Haberá tamén retransmisión en streaming aberto para todas as persoas interesadas.
A información completa do encontro e o programa poden consultarse AQUÍ.























