A Consellería de Sanidade elixiu a Cidade da Cultura como un dos puntos da vacinación en grandes recintos para a campaña contra a gripe e a covid-19. Desde o mércores 30 de outubro de 2024 estáse a convocar na Sala Eisenman, con acceso desde os aparcamentos 1 e 2. A vacinación realizarase de luns a sábado en horario de 9 a 14 h e 15:30 a 21 horas.

O departamento sanitario galego citará, en primeiro lugar, á poboación con idade entre 70 e 79 anos, o que supón ao redor de 292.000 persoas, así como ao persoal sanitario e sociosanitario que non fora vacinado ata agora. Máis información, premendo nesta ligazón ou na páxina do SERGAS.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026






















