A V edición do torneo de fúbol sala base ‘A Cidade do Futsal’ celebrarase os días 26 e 27 de maio no Gaiás, que xa fora sede das primeiras edicións do evento. O torneo reúne a máis de 400 xogadores e xogadoras de toda Galicia.
Os encontros celebraranse simultaneamente nas tres pistas que se disporán nos espazos exteriores da Cidade da Cultura. O sábado disputaranse os partidos das categorías Prebenxamín2 (nados en 2010) e Benxamín (nados en 2008 e 2009); mentres que o domingo disputarnse os da categoría Biberón (2012), Prebenxamín1 (2011) e Alevín (nados en 2006 e 2007).
O horario será de mañá e tarde o sábado, con parada para xantar; e o domingo unicamente en horario de mañá. Ao finalizar cada día de torneo, celebrarase unha entrega de trofeos para os equipos gañadores de cada categoría.

























