IX Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o sábado 4 de xullo de 2026 a novena edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.

Así, máis de 500 rapaces e rapazas participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música. O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Fundación Cidade da Cultura, e conta co apoio da Deputación de A Coruña.

Programa da xornada

MAÑÁ

11.00 h | Benvida institucional (no Xardín do Teatro)

11.30 h | Banda Escola Unión Musical de Tenorio

12.00 h | Banda Xuvenil de Música de Silleda

12.30 h | Banda Xuvenil de Tui

13.00 h | Banda Infantil da Unión Musical de Meaño

13.30 h | Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns

14.00 h | Banda Infantil de Xinzo

TARDE

16.30 h | Banda Escola de Música de Portas

17.00 h | Pequebanda da Escola de Música de Agolada

17.30 h | Banda Infantil de Arzúa

18.00 h | Banda Xuvenil da Agrupación Musical da Limia

18.30 h | Minibanda de Vilalba

19.00 h | Banda Sinfónica Xuvenil de Galega

.