Unha tarde no lago. Música, teatro e xogo ao aire libre | Gaiás en verde

Unha tarde chea de diversión en familia nunha contorna natural única. Unha programación de actividades familiares que recolle o espírito participativo e festivo das grandes citas culturais, pero adaptándoo a un formato máis sustentable, accesible e en harmonía coa contorna. Música, teatro, xogos e obradoiros... descubre o que che agarda nestas tardes no lago.

Xogos tradicionais Sororas, 18:00h - 21:00 horas

Un espazo de xogos tradicionais para fomentar a creación e a aprendizaxe en igualdade. Un espazo de diversión para a cativada ao longo de toda a xornada.

Aburrimento, 18:00h - 21:00 horas

Instalacións de xogo entre as árbores co fin de xerar un espazo para a exploración. Haberá slackline, espazo con teas aéreas, cabanas e refuxios.

Ioga na natureza, 18:30 horas

Unha actividade para conectar coa natureza nunha contorna que inspira moita calma como é o Parque do Lago, acompañada dunha pinchada musical de fondo.


Xincana medioambiental, 18:00h (duración 2 - 3 horas)

Rastrea especies, identifica árbores, aprende a recoñecer plantas e súmate a aventura para buscar o gran tesouro real no Parque do Lago!

Xogos danzados con Carme e Uxía da Pontragha, 19:00 horas

Queres aprender sobre música tradicional mentres te divirtes? E se todo isto acontece unha contorna natural única? Ven aprender pasos de baile mentres xogas!

Concerto 'Baixo as árbores', 20:00 horas

Un concerto de María Faltri, Lucía Cortiñas e Mei Tellez onde o público e o bosque crean unha paisaxe compartida. Cancións que falan de raíces, follas, árbores e humanidade.