Serán'04 | Masterclass: “Os baile-xogos da Raia” con Luís Prego

Luís Prego é mestre de baile e música tradicional dende 1989, foi director de grupos de renome no folclore galego e tamén é un estudoso e investigador do folclore tradicional. Nesta masterclass aprenderemos os xogos en roda cantados propios da zona da raia galego-portuguesa (As Neves, Arbo, Valença do Miño).

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
12 — 31 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h