María Vidal é mestra e compiladora de música tradicional galega dende 1988. Imparte aulas de canto e percusión tradicionáis en diversas asociacións culturais e folclóricas das provincias de Pontevedra e da Coruña, ademais doutras aulas e obradoiros organizadas por AGG e na Galicia exterior. Entre os seus traballos discográficos pódense destacar colaboracións con Rumbadeira, Pepe Vaamonde Grupo e Ardentía. Actualmente é a voz de As Cantigas de Elena. Nesta formación o alumnado aprenderá toques e melodías para pandeiro redondo propias dalgunhas aldeas da comarca do Deza.
As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.






















