Serán'03 | Masterclass 'A pandeireta en Castela'. Con Vanesa Muela

A masterclass 'A pandeireta en Castela', tratará as técnicas deste instrumento nesta zona de España, e estará impartida por Vanesa Muela, cantante e percusionista de música tradicional de Castela e León que leva 40 anos sobre os escenarios. Conta con trece discos no mercado, máis de catro mil concertos por todo o mundo e ten no seu haber dous premios nacionais de Folklore, un deles concedido polo CSIC. A súa voz e o seu particular xeito de transmitir a música tradicional convertérona nun referente nacional.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h