Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros

O venres día 4 de novembro celébrase na sede do CISPAC no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o encontro científico 'Removendo pasados, resignificando presentes e reescribindo futuros. Debates, Sinerxias e Propostas de Intervención sobre os Lugares de Memoria', dentro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2022, do que forma parte HISTAGRA.

En setembro de 2022 a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron o convenio de colaboración polo que o equipo universitario formado por investigadores de HISTAGRA, SINCRISIS, IMELGA e MEDICINA XENÓMICA realizan as tarefas de documentación, exhumación e análise dos restos de persoas asasinadas pola violencia franquista. Cara a este fin, o persoal investigador vén desenvolvendo traballos de localización, exhumación e identificación de vítimas, divulgación dos resultados e recoñecemento así como de promoción dos lugares e espazos de memoria. 

Nesa liña, este encontro interdisciplicar reúne especialistas do cine, a arte, a historia, a arqueoloxía e a xenética nun debate que explorará cuestións como: que define aos espazos como “lugares de memoria” e cales son os seus límites?; como podemos intervir nos lugares de violencia para resignificalos como memoria democrática?;  que linguaxe e medios empregamos?; como enxergar o papel do relato histórico na representación artística?; a quen diriximos as políticas públicas de memoria?;  cal é o seu presente e, sobre todo, o seu futuro?; ou como expresar materialmente a conmemoración? 

A xornada, que se desenvolverá das 09.30 ás 17.30 horas na sede do CISPAC, permitirá ademais  amosar os traballos que se están a facer noutros lugares de España e Europa.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI