A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante os días 20 e 21 de novembro Reis do Mundo, unha mostra itinerante que rememora o triunfo da Selección española de fútbol no pasado Mundial 2026. Esta exposición inclúe a exhibición do trofeo da Copa do Mundo e poderá visitarse no salón de Convencións do Edificio CINC en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas.
O acceso realizarase por estrita orde de chegada. As persoas visitantes teranse que rexistrar seguindo as instrucións in situ da organización da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) no propio acceso, un trámite que dará dereito ao tícket de entrada. Non se habilitará ningún rexistro previo e a RFEF informa de que o tícket obtido no acceso non outorgará prioridade de entrada.
Actos en Santiago de Compostela
Adicionalmente á exhibición do trofeo na Cidade da Cultura, a RFEF organiza unh axenda institucional en Santiago de Compostela durante a xornada previa, o xoves 19 de novembro. O programa arrancará ás 13:00 horas cun acto institucional de benvida no Pazo de Raxoi e continuará ás 14:00 horas coa ofrenda do trofeo ao Apóstolo na Catedral de Santiago. As celebracións completaranse esa mesma tarde, ás 17:00 horas, cunha exhibición da Copa do Mundo e entrega de recoñecementos da RFGF no Multiusos Fontes do Sar.

































