Reis do Mundo. Exhibición da Copa do Mundo de Fútbol

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante os días 20 e 21 de novembro Reis do Mundo, unha mostra itinerante que rememora o triunfo da Selección española de fútbol no pasado Mundial 2026. Esta exposición inclúe a exhibición do trofeo da Copa do Mundo e poderá visitarse no salón de Convencións do Edificio CINC en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas.

O acceso realizarase por estrita orde de chegada. As persoas visitantes teranse que rexistrar seguindo as instrucións in situ da organización da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) no propio acceso, un trámite que dará dereito ao tícket de entrada. Non se habilitará ningún rexistro previo e a RFEF informa de que o tícket obtido no acceso non outorgará prioridade de entrada. 

Actos en Santiago de Compostela

Adicionalmente á exhibición do trofeo na Cidade da Cultura, a RFEF organiza unh axenda institucional en Santiago de Compostela durante a xornada previa, o xoves 19 de novembro. O programa arrancará ás 13:00 horas cun acto institucional de benvida no Pazo de Raxoi e continuará ás 14:00 horas coa ofrenda do trofeo ao Apóstolo na Catedral de Santiago. As celebracións completaranse esa mesma tarde, ás 17:00 horas, cunha exhibición da Copa do Mundo e entrega de recoñecementos da RFGF no Multiusos Fontes do Sar.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
20 Nov 2026 — 25 Abr 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 3 - 6 dec