Presentación profesional 'Galiverso. O vello Portomarín'

A Xunta de Galicia organiza unha xornada profesional dirixida a profesorado universitario, persoal investigador e especialistas en historia e patrimonio para dar a coñecer o proxecto de Galiverso. O vello Portomarín, que reconstrúe, grazas ás tecnoloxías dixitais, un anaco da antiga vila luguesa, tal como era antes de ser anegada pola construción do encoro de Belesar en 1963.

A presentación terá lugar o luns 20 de novembro no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás ás 11:30 horas, coa participación do equipo de expertos galegos en patrimonio, arte dixital, historia e programación que recuperaron a memoria do vello Portomarín para que calquera persoa poida coñecelo a través das lentes de realidade virtual.

Os profesores de historia da arte da USC e membros do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), Jesús Ángel Sánchez García e Julio Vázquez Castro; os especialistas do Centro Infográfico Avanzado de Galicia, Carlos Paz de Lorenzo e Anxo Miján Maroño, e Carlos Seijo, director do estudo Maxina, forman parte do persoal implicado neste proxecto.

A reconstrución do vello Portomarían dentro do Galiverso partiu dun amplo e rigoroso traballo documental a partir das gravacións da época conservadas na Filmoteca de Galicia, planos e cartografías antigas, e as máis de 40.000 fotografías que atesoura José López, de Foto Pereira Portomarín.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI