Presentación do procedemento de contratación CPI-AGADER

A Consellería de Medio Rural e a Axencia de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, organizan un evento de presentación da contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas Aldeas Modelo de Galicia, cuxo documento descritivo xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Trátase da primeira licitación do proxecto “Aldeas Intelixentes: solucións de futuro para aldeas sostibles”, conta cun presuposto de 1.179.750,00 € (IVE incluído), e o procedemento da adxudicación realizarase mediante diálogo competitivo, tratándose dunha Contratación Pública de Innovación.

Para axudar á preparación e presentación das ofertas, Agader organiza este evento informativo, que se realizará presencialmente no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura, con retransmisión en liña en directo e aberta a través da canle de YouTube de Agader, o día 8 de febreiro de 2024, de 10:00 a 12:00 horas.

No evento, abordaranse os elementos esenciais do procedemento de contratación, coa fin de ofrecer unha visión detallada e clarificadora deste.

As empresas ou entidades interesadas en asistir presencialmente deben inscribirse enviando un email á dirección de correo cpm.agader@xunta.gal, indicando o nome da empresa ou entidade, así como o nome, apelidos e cargo da/s persoa/s que desexa/n asistir para asegurar as prazas suficientes.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h