A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia presenta o 22 de xuño na Cidade da Cultura o Plan Corresponsables, que ofrece actividades deportivas a menores de idade como fórmula para a mellor conciliación das familias a través das federacións deportivas galegas.
Galicia dispón de 10,5 millóns de euros do Plan Corresponsables para reforzar as medidas autonómicas a prol da conciliación, coa finalidade de que exista un auténtico equilibrio na distribución das responsabilidades familiares e de facer compatible a maternidade e/ou paternidade co mercado laboral.
Neste marco inclúense, ademais destas actividades de animación socio deportiva, acordos para a prestación de coidados a menores en dependencias públicas e domicilios e programas de lecer en albergues xuvenís, entre outros.
























