Presentación da Cátedra en Patrimonio Cultural Dixital

O mércores 26 de abril preséntase no Edificio Fontán a Cátedra Interinstitucional Xunta de Galicia – CRUSOE – NTT Data en Patrimonio Cultural Dixital, nun acto que contará coa participación do seu director científico, Juan Castro Cal e organizado polo Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).

A Cátedra Interinstitucional en Patrimonio Cultural Dixital é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e a tecnolóxica NTT DATA España, que procura promover a investigación de vangarda a través de cuantificación, medida e valoración do patrimonio cultural dixital galego e fomentar a formación en nivel de posgrao. O proxecto súmase a outras actuacións no eido do patrimonio cultuarl dixital, como son o proxecto Memoria Dixital de Galicia, Galiciana ou Galicia Nomeada.

Entre os seus obxectivos atópase a creación dun Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital no que participarán preto de 30 universidades europeas, unha iniciativa que permitirá desenvolver un programa de mobilidade do alumnado entre diferentes estudos e universidades; crear un programa Erasmus Mundus para a cooperación e mobilidade internacional; poñer en marcha un Doutorado Europeo en Patrimonio Cultural Dixital; así como un premio para traballos de fin de mestrado.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI