PALCO é un evento que nace para conectar a industria musical galega. Como un punto de encontro no que a música se escoita, se pensa, se comparte e se impulsa.
Durante tres días, do 3 ao 5 de novembro, a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá unha programación deseñada para crear novas oportunidades, favorecer o intercambio e fortalecer os vínculos entre os diferentes axentes do sector. Un espazo para compartir coñecemento, activar relacións profesionais, presentar proxectos e impulsar novas vías de colaboración.
O evento inclúe unha programación artística, charlas e obradoiros, mesas de traballo, encontros e presentacións breves pensados para descubrir, conectar e seguir facendo medrar a música galega. Descubre como participar en palco.gal.

























