José Manuel Castro imparte no Centro de Emprendemento do Gaiás a master class 'Onde comeza a innovación?', na que explicará, a partir do exemplo de varias empresas galegas, como detectar anticipadamente as tedencias e comportamentos do consumidor para poñer no mercado produtos que se adapten.
Os participantes aprenderán a avaliar como cuestións aparentemente lonxanas como o Proxecto Harvad para construír vivendas por 300 dólares ou o incremento exponencial de obxectos conectados a internet poden afectar ao teu negocio. José Manuel Castro tamén nos proporá un método para analizar e priorizar toda esta información.
José Manuel Castro (A Coruña, 1964) ten máis de 30 anos de actividade profesional, como consultor primeiro e como directivo no sector público despois, con proxectos de mellora na xestión, de creación de novas empresas e diagnósticos empresariais, con especial incidencia na utilización da tecnoloxía da información e da comunicación, utilizando ferramentas que el denomina da "prehistoria informática".
























