Obradoiros de máscaras

 

En 2018 a Cidade da Cultura amplía a súa oferta de actividades de carnaval e, ao xa tradicional baile, engádense dous obradoiros de máscaras destinados a nenos e nenas de entre 9 e 11 anos. Partindo das máscaras do entroido galego tradicional (pantallas, cigarróns, xenerais do Ulla ou peliqueiros), traballaremos en reinterpretalas desde unha perspectiva libre, creando deste xeito unha obra única e xenuína. Os rapaces e rapazas participantes deixarán vía libre á súa creatividade para fabricar a súa propia máscara, experimentando con diferentes formas e materiais e empregando obxectos cotiás e de refugallo, como teas, cartón, moqueta ou latas de refresco.

A temática do Entroido Mareiro do Gaiás tamén estará moi presente nesta actividade e tanto as ilustracións da ‘mitra’ como outros elementos accesorios das máscaras estarán relacionados co mundo do mar. Os obradoiros realizaranse en dúas quendas, o 12 e o 13 de febreiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas e as prazas son limitadas.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h