Mens sana in corpore sano

Cersia Empresa, da man do Centro de Emprendemento do Gaiás, pon en marcha no marco do programa de actividades Compostela móvese unha nova xornada de formación que busca adestrar aos emprendedores para conseguir o éxito.

Programa

10.00 – 14.00 h | Marca Persoal

Seguro que sempre escoitaches falar desas persoas que se fan notorias na sociedade grazas á súa capacidade para poñer en evidencia as súas extraordinarias diferenzas. A pregunta é: Gustaríache ser unha desas persoas? Nesta media xornada de mañá ensinarémosche algunhas claves para aprender como   facelo: personalidade exquisita, dominio do perímetro, potencias aumentadas, apreciación xusta, emprazamento idóneo, comunicación oportuna... Atréveste a ser irresistible?

Imparte: Modesto Gómez 

16.30 – 19.30 horas | Entrenamento Persoal. 

Unha boa forma física axúdanos a mellorar os nosos niveis de saúde e benestar. Nesta media xornada de tarde aprenderemos a coidala coas técnicas que  utilizan os adestradores persoais. Serán tres horas de exercicio monitorado impartidas por un dos “persoal trainer” máis reputados de Santiago e Galicia. É imprescindible traer roupa deportiva. 

Imparte: Jacobo Paredes (personal trainer profesional)

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027