Cersia Empresa, da man do Centro de Emprendemento do Gaiás, pon en marcha no marco do programa de actividades Compostela móvese unha nova xornada de formación que busca adestrar aos emprendedores para conseguir o éxito.
Programa
10.00 – 14.00 h | Marca Persoal
Seguro que sempre escoitaches falar desas persoas que se fan notorias na sociedade grazas á súa capacidade para poñer en evidencia as súas extraordinarias diferenzas. A pregunta é: Gustaríache ser unha desas persoas? Nesta media xornada de mañá ensinarémosche algunhas claves para aprender como facelo: personalidade exquisita, dominio do perímetro, potencias aumentadas, apreciación xusta, emprazamento idóneo, comunicación oportuna... Atréveste a ser irresistible?
Imparte: Modesto Gómez
16.30 – 19.30 horas | Entrenamento Persoal.
Unha boa forma física axúdanos a mellorar os nosos niveis de saúde e benestar. Nesta media xornada de tarde aprenderemos a coidala coas técnicas que utilizan os adestradores persoais. Serán tres horas de exercicio monitorado impartidas por un dos “persoal trainer” máis reputados de Santiago e Galicia. É imprescindible traer roupa deportiva.
Imparte: Jacobo Paredes (personal trainer profesional)






















