Librecon 2015

Que teñen que ver o coche conectado, internet of things (IoT) e a educación? Todo e nada á vez. Este ano Librecon adicará o seu programa a falar de como as tecnoloxías libres teñen cabida nestes eidos. Contaremos para iso con relatores/as de alto nivel procedentes de diferentes partes do mundo que, a través de charlas, obradoiros, debates, achegarannos as últimas novidades no eido do software e o hardware libres. 

Canonical, Magneti Marelli, Intel, OpensourceVehicle serán algunhas das entidades que estarán presentes en Librecon2015, sen deixar de lado a empresas e iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que decir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio. Falaremos de robots submariños, de Edupunk, de smarthomes, hacklabs nas escolas e ata de vacas conectadas. Que máis podemos pedir

Convidamos a todas aquelas persoas interesadas en escoitar e coñecer máis de cerca estas e outras experiencias a que asistan os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a Librecon2015.

E para os máis pequenos, Librekids. Obradoiros para familias na tarde do venres.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI