Son a nova sensación do soul galego. Con apenas tres anos de vida, The Lákazans son hoxe un dos imprescindibles dos locais e festivais galegos, coa súa combinación de blues, soul e rock and roll que obrigarán a toda a praza do Gaiás a mover as cadeiras.
Na Cidade da Cultura interpretarán os temas do seu primeiro disco, Homegrown, formado por sete temas propios e dúas versións. Nel aprezánse as dúas vertentes do folclore americano: a vertente branca (country) e a negra (blues/gospel). The Lákazans son unha desas bandas que non vos podedes perder.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























