O Clúster da Madeira e o Deseño celebra as IX Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira, e a entrega dos II Premios CMD de Arquitectura en Madeira o xoves, 12 de novembro, no Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura.
Trátase dunha cita para os profesionais da arquitectura, o deseño, a construción e a industria da madeira na que se compartián experiencias, proxectos innovadores e novas oportunidades de colaboración.
Na edición deste ano, o programa contará coas intervencións de Paula Alfonso, Müller Feijoo Arquitectos e Uña+Amandi Arquitectos, quen compartirá proxectos de referencia en rehabilitación e construción en madeira. Ademais, como principal novidade, celebrarase a entrega dos II Premios CMD de Arquitectura en Madeira.
O programa continúa pola tarde en Cambados, onde se organizará unha visita guiada por Paula Alfonso a dúas intervencións singulares: unha vivenda en CLT (C41) e unha rehabilitación tradicional (Casa Tatasa).






























