Cluergal – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia organiza o II Simposium Urban Solutions na Cidade da Cultura os días 4, 5 e 6 de outubro de 2023 coa finalidade de crear un evento de referencia que reúna aos sectores da enerxía, a sostibilidade, a iluminación, a mobilidade, os parques, as infraestruturas e todo aquilo relacionado coas cidades.
Nos últimos anos, as solucións relacionadas coas cidades foron adquirindo maior importancia na conciencia dos dirixentes das urbes e nas follas de ruta de fabricantes, enxeñerías e empresas de servizos. Para mostrar as solucións de vangarda do desenvolvemento e da innovación nestes sectores, Urban Solutions contará cun interesante programa de ponencias e unha zona de exposicións. Desta maneira, profesionales, empresas, administracións e público en xeral poderán coñecer as mellores solucións que existen para as cidades do presente e do futuro.
O evento contará tamén cun compoñente de networking a través de cafés, almorzos, ceas, visitas, entregas de premios e outras iniciativas. Máis información e inscricións na web de Urban Solutions.
























