II Congreso ACDgal

Baixo o lema «Reconstruíndo o futuro con outra mirada á vellez», a Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDgal) celebrará o seu segundo congreso os días 24 e 25 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

O obxectivo principal é contribuír ao cambio de mirada cara ás persoas maiores erradicando prexuízos sobre a vellez, así como crear un lugar de encontro para poder intercambiar formación e opinións sobre os novos retos e necesidades das persoas maiores.

Dirixido a profesionais de Centros de Día co obxectivo de seguir mellorando as súas capacidades para que, ademais de favorecer a promoción da autonomía desde un enfoque centrado na persoa e poñéndolle no centro da atención, dean maior relevancia ao respecto dos gustos, intereses e preferencias das persoas maiores.

Como novidade, este ano inclúese unha mesa redonda na que participarán tres persoas maiores entusiastas, activas e con proxectos de futuro moi interesantes. O comité organizador de ACDgal pretende xerar unha contorna de traballo próximo e participativo, na que compartir inquietudes e experiencias que redunden na mellora de calidade dos servizos e, en definitiva, a satisfacción das persoas.

Máis información e inscricións na web ACDgal.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
19 abr 2026
Ás 17:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h