II Certame CreaGaiás7x7

No marco da xornada CreaGaiás 2019, e co obxectivo de potenciar a traxectoria de novos talentos no eido da fotografía e de visibilizar as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento, ponse en marcha un certame de reportaxes fotográficas co emprendemento como eixo.

O concurso está dirixido a estudantes e fotógrafos non profesionais, emprendedores e coworkers, ou público xeral con interese na fotografía e as artes visuais. A reportaxe a presentar a concurso consistirá nunha serie de sete imaxes que retraten a actividade emprendedora e creadora nun centro de coworking, debendo reflectir o propio espazo de traballo do Centro de Emprendemento do Gaiás, a súa actividade, servizos, dinámicas, integrantes, así como os particulares condicionantes do traballo emprendedor.

As imaxes poderán contar o día a día do centro, dalgunha das súas persoas traballadoras e/ou emprendedoras residentes, da actividade das súas empresas ou proxectos, e/ou dos servizos, actividades e instalacións do CEM, recreando estas imaxes a súa arquitectura, deseño, esencia, filosofía, ambiente e cotidianeidade, e empregando como localización principal o Centro de Emprendemento Creativo.

Valorarase ademais que se plasmen nalgunhas das imaxes as características e especificidades do traballo emprendedor e do traballo emprendedor en centros de coworking: colaboración, apego, confianza no propio proxecto, confianza nas persoas compañeiras, creatividade, resiliencia, empatía, conciliación, perseverancia, aprendizaxe continuo, etc.

Para participar cómpre inscribirse neste enderezo electrónico, de balde e ata o 24 de marzo de 2019.

A reportaxe gañadora será elixida por un xurado especializado e galardoada cun premio dotado con 1.200€ que se entregará o 11 de abril na Cidade da Cultura, no marco da xornada CreaGaiás 2019.

Poden consultarse as bases de participación no apartado de descargas desta mesma páxina.

Na primeira edición de CreaGaiás7x7 celebrada en 2018 foi galardoado o diario visual presentado por Gery Âlx Pérez, no que retratou o día a día dos coworkers de Paripépop, e que ilustra esta información.

 
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h
1 Xul - 16 Set 2022
Mércores e venres ás 11.30h
5 Xul - 15 Set 2022
Martes e xoves ás 11.30h
7 Xul - 26 Ago 2022
21 horas
9 Xul 2022
De 11.00 a 20.00 horas
Abr - Set 2022
11.30 horas