I Certame Coral Galego

A Federación Coral Galega organiza o I Certame Coral Galego os días 31 de outubro e 1 de novembro no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. O evento ten como obxectivo principal crear un punto de encontro e recoñecemento para as agrupacións corais de Galicia, tanto aquelas formadas por persoas adultas como as infantís e xuvenís, co fin de incentivar tamén o futuro do canto coral.

Contarase coa participación de 15 coros que representan a diversidade e a riqueza cultural galega. O certame estará dotado con preto de 10.000 € en premios e será avaliado por un xurado de recoñecido prestixio.

As sesións serán o venres, 31 de outubro de 2025 (a partir das 19:00 horas) para as corais infantís e xuvenís, e o sábado, 1 de novembro de 2025 (a partir das 17:00 horas) para as corais de persoas adultas. Máis información na web de FECOGA.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h