O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle o xoves 24 novembro de 2022 ás 18:00 horas o Foro Talentia Summit ‘22, o encontro anual de talento e broche final da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit 2022.
O Foro volve de novo á Cidade da Cultura, onde xa cebrara a pasada edición con grande éxito. E do mesmo xeito, tamén será difundido en tempo real mediante streaming.
Yolanda Vázquez será a condutora do acto que contará, como en cada edición, coa participación de conferenciantes de prestixio de diversos ámbitos:
- Miriam Blanc – Cofundadora iterem, experta en transformación dixital
- Gemma Ventura Santasusana – Happines hunter – Experta en Procesos de Xestión da Felicidade
- Juan Antonio Báez Morín – Vicepresidente do Consello da Mocidade de España
- Eva Porto – Psicóloga, Recruiter e creadora de contidos
- Luis Gil – Catedrático da ETSI Montes, Forestal do Medio Natural
O broche musical estará a cargo de Fredi Leis, recoñecido músico e compositor nado en Santiago, que animará unha xornada cargada de innovación e coñecemento.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























