Museo Centro Gaiás acolle como exposición permanente as maquetas de todos os proxectos que se presentaron en 1999 ao Concurso Internacional de Arquictura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás, en Santiago de Compostela.
A este concurso de ideas presentáronse inicialmente doce propostas de destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais, que finalmente quedaron en once logo da retirada do proxecto de Santiago Calatrava. Os arquitectos que achegaron as súas ideas para definir o complexo arquitectónico e os usos foron Ricardo Bofill, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela.
De entre todo os proxectos de ideas, elixiuse finalmente como proxecto de obra o deseñado por Eisenman Architects atendendo, segundo o fallo do concurso, a súa singularidade tanto conceptual como plástica, e a súa excepcional sintonía co lugar.
Os demais proxectos que poden verse na exposición de maquetas:
