Dominique Perrault

Creou o seu gabinete en 1981 en París, logo de estudar arquitectura, urbanismo e historia. Dende aquela acumula unha longa historia de éxitos profesionais, baseándose no concepto de involución que desenvolve na Escola de Enxeñería de Marne-la-Vallée ou construíndo o Edificio Industrial Berlier.

Outras obras que consagran a este Premio Nacional de Arquitectura son a Biblioteca Nacional de Francia, a Mediateca de Vénissieux, a fábrica APLIX, ou a Piscina Olímpica e o Velódromo de Berlín.

Perrault identifícase coa sensibilidade dos artistas minimalistas americanos, como Donald Judd, e cos expoñentes da Land Art, como Robert Smithson, que sempre optan por solucións simplificadas. Nos seus traballos procura combinar a transparencia, a luminosidade e a desmaterialización da arquitectura.

Dominique Perrault Architecture [www]

 

Proposta para a Cidade da Cultura

 

Perrault propón construír toda unha paisaxe, un bosque, un cotarelo… trátase de construír o Cerro da cultura. Todo o complexo nace en torno ao prisma da luz, que é un edificio provisto de certa flexibilidade para que sexa factible a súa rotación de usos.

Preséntase un só edificio subterráneo, distribuído en distintos salóns, grandes espazos con distintos niveis, que acollen as diferentes funcións requiridas polo proxecto. Ao nivel do solo, sobrancea na cima do monte Gaias un largo prisma de vidro que permite difundir, reflectir e transmitir a luz que deixa pasar cara ao interior do edificio escavado no outeiro. Pretende así dirixir a luz ao centro da terra, utilizando este instrumento óptico.